• banner servizos

ALOXAMENTO TEMPORAL PARA FAMILIAS E COIDADORES DE PERSOAS HOSPITALIZADAS CON DCA

    • Plano aloxamento temporal para familias

Sarela quere axudar nun dos momentos máis difíciles que as familias e achegados afrontan como é a estancia no hospital. Para iso Sarela ten unha vivenda moi preto do Hospital Clínico de Santiago que pon a disposición das familias que coiden unha persoa con dano cerebral adquirido alí hospitalizada.


A preocupación producida polo feito repentino de sufrir un dano cerebral, vese agravada moitas veces pola distancia co domicilio habitual, polos ingresos hospitalarios prolongados e pola falla de intimidade e recollemento.


Este aloxamento pode ser compartido e está pensado para familias e persoas coidadoras que non vivan no termo municipal de Santiago de Compostela. Quen desexa dispor dela só ten que contactar coa asociación e unha das nosas profesionais acompañaraos en todo o proceso.


Os nosos datos de contacto son:

Rúa Pedro Cabezas González, 3 - Traspaxonal - 15702 Santiago de Compostela

881 978 519 / 981 577 037

sarela@sarela.org

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.