Reflexións do equipo de Sarela

Subscríbete ao noso boletín

Recibe novas no teu email

  • No IV Congreso Nacional de DCA organizado recentemente por FEDACE tres das nosas profesionais presentaron un póster co título “É posible rehabilitar desde o modelo de calidade de vida?”. As terapeutas ocupacionais Ana Ruiz e Majo Hermida e a psicóloga Junquera Novo falaron da necesidade de abordar o tratamento dunha persoa con DCA establecendo obxectivos en base ás dimensións de calidade de vida. Neste artigo fan un resumo da súa exposición.

    Ler máis
    07/02/2019
  • Diferenzas entre ansiedade e estrés. A relación entre este e a aparición de enfermidades. Os síntomas para detectalo e o caso concreto das persoas coidadoras. Recomendacións para previlo e técnicas para manexalo. Este é parte do contido do artigo de Junquera Nova e Noelia Ouro, psicólogas en Sarela, sobre o estrés co foco dos coidadores e coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido.

    Ler máis
    28/09/2018
  • Novo artigo da serie que elabora o equipo de profesionais de Sarela. Nesta ocasión, Xulio Abollo (responsable de comunicación en Sarela) reflexiona sobre a necesidade de dar a coñecer o dano cerebral adquirido en toda a súa complexidade.

    Ler máis
    11/12/2017
  • Novo artigo da serie que elabora o equipo de profesionais de Sarela. Nesta ocasión, Álvaro Suárez, Fátima Cabanas, Noelia Rosende e Susana Quintáns, que forman o grupo de auxiliares no noso centro, explícannos cales son as súas funcións no día a día.

    Ler máis
    06/11/2017
  • Neste artigo Laura Martínez e Emily dos Santos, fisioterapeutas en Sarela, fálannos de cómo enfocan elas o traballo con persoas con DCA e dos condicionantes que atopan nunhas persoas que poden ter asociadas alteracións cognitivas, funcionais ou de linguaxe que van influír na recuperación.

    Ler máis
    27/09/2017
  • O DCA, ademais da ruptura do ciclo vital, pode traer consigo a desestruturación da familia, perda de relacións sociais, falta de recoñecemento social e familiar da persoa coidadora, precariedade económica, afrontar aspectos xurídicos e legais, entre outras consecuencias. Neste artigo as nosas traballadoras sociais Eugenia Veloso e Olalla Domínguez falan da súa responsabilidade á hora de cubrir estas necesidades.Con el continuamos a serie que estamos a publicar por especialidades.

    Ler máis
    27/07/2017
  • “Imaxinade que un día calquera de vós espertades nunha habitación descoñecida, rodeados dos vosos seres queridos e sen entender nada do que pasa ao redor. Intentas preguntar e ves que non podes dicir nada, diríxense a ti e non entendes, parece que che falan noutro idioma”. Así comeza o artigo de Vanessa Mantiñán, logopeda, que continúa coa serie de artigos que por especialidades estamos a publicar.

    Ler máis
    28/06/2017
  • Quinto artigo da serie que estamos a publicar por especialidades. As nosas educadoras socias fálannos de importancia de que as persoas con dano cerebral tomen conciencia dos seus dereitos, capacidades e intereses e comecen a defendelos, a decidir sobre a súa vida e a participar na sociedade en igualdade de condicións. Tamén afrontan o papel da familia, que deben asumir e axudar a que esa persoa encontre o equilibrio entre o que era e o que é.

    Ler máis
    29/05/2017

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información