• Imaxes centro

ATENCIÓN ÁS PERSOAS: SERVIZOS E PROGRAMAS

Sarela  é desde o ano 2000 a referencia na área sanitaria de Santiago de Compostela na atención ao Dano Cerebral Adquirido (DCA). Os nosos principios son a atención individualizada, a abordaxe integral desde distintas especialidades e o contacto permanente coas familias.

Con estes principios, poñemos á vosa disposición os seguintes SERVIZOS e PROGRAMAS co obxectivo de acadar a máxima recuperación das persoas con DCA; mellorar a súa calidade de vida e buscar a súa reincorporación ao mundo sociolaboral ou académico; recibir unha información rigorosa e útil, e fomentar a súa prevención.

É o noso centro de día para persoas en fase crónica ou de estabilización. Ten autorizadas 40 prazas pola Xunta de Galicia e nel proporcionamos atención integral e especializada. Ten servizo de comedor e seu horario é de 9:30 a 17:30. [+ INFORMACIÓN]
   
Está formado por un equipo especializado en rehabilitación que valora, planifica e desenvolve a rehabilitación integral da persoa unha vez recibe a alta no hospital. O servizo atende a adultos e nenos/as. O seu horario é de 9:30 a 17:30 h. [+ INFORMACIÓN]
   
O seu obxectivo é favorecer a inserción sociolaboral académica así como a realización de actividades cotiás. Prepara á persoa traballando os aspectos que fomenten a súa máxima autonomía así como as habilidades sociais. [+ INFORMACIÓN]
   
Con el ponse o foco nas familias desde o momento que se produce o dano cerebral. Ademais de proporcionarlles a información sobre o DCA, axudas recursos tamén fomenta unha rede social de apoio e coidar o seu estado físico e mental. [+ INFORMACIÓN]
   
Este programa busca fomentar políticas de prevención, a difusión dunha información de calidade en relación ao DCA (causas factores de recuperación etc) e a eficacia dos recursos existentes para súa atención, entre outros obxectivos. [+ INFORMACIÓN]
   
Esta actividade é un complemento terapéutico e lúdico ao proceso de rehabilitación. A piscina está climatizada e deseñada para as persoas con problemas de mobilidade e equipada cunha grúa que facilita a entrada na auga. [+ INFORMACIÓN]

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.