• Imaxes centro

 

A intervención comunitaria traballa sobre o entorno co obxectivo de producir cambios que favorezan a inserción social e a capacitación, que melloren o grao de autonomía das persoas con DCA e as súas familias pero tamén das entidades e dos grupos que comparten un mesmo territorio. Contribuiremos deste xeito a fortalecer a comunidade como espazo preventivo: seremos máis eficaces se coordinamos actuacións e recursos e se informamos a través de grupos e redes.

Partindo disto Sarela realiza labores:

  • Organización de charlas informativas para diferentes públicos como por exemplo poboación en xeral, profesionais ou persoas coidadoras co obxectivo de achegar información sobre o dano cerebral, consellos sobre o coidado, recursos existentes etc.
  • Coordinación con profesionais de centros hospitalarios, centros de atención primaria e servizos sociais da área sanitaria de Santiago ao ser a “porta de entrada” para as persoas con DCA.
  • Recollida, valoración e actualización de información sobre recursos, axudas e lexislación referida a discapacidade e DCA.
  • Distribución de materiais informativos.
  • Campañas de sensibilización e prevención.


USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.