• Imaxes centro

  

A percepción maioritaria das persoas con DCA é que a súa calidade de vida deteriorouse a partir da lesión, reducíndose a súa actividade social. No ámbito laboral, segundo o ESTUDIO DANO CEREBRAL E INSERCIÓN LABORAL de 2016, o 72% dos/as enquisados/as declara ter dificultades extraordinarias para atopar emprego. Son dous datos que falan dos problemas que atopan estas persoas para normalizar a vida no seu entorno e reincorporarse ao mundo laboral. O seu horario é martes e xoves de 9:30 a 13:30.

REFORZAR AS CAPACIDADES E NON AS LIMITACIÓNS

O SADOC de Sarela promove a participación activa e directa das persoas con DCA na comunidade reforzando as súas capacidades e non as súas limitacións.

Con cada persoa deseñamos un Plan de Atención Individualizado encamiñado a favorecer a recuperación e adquisición dun maior grado de autonomía persoal e social, que debera ter como obxectivo principal a inserción laboral.

Para iso seguimos as seguintes liñas de acción:

   

​1. Inserción sociolaboral a través de:

  • Orientación e formación para a busca de emprego traballando a alfabetización dixital, a elaboración de curriculums, a preparación de entrevistas, o coñecemento das ferramentas de busca de emprego etc.
  • Intermediación e información en empresas e outras entidades na busca de perfiles de inserción e demandas de emprego.
  • Orientación e formación nos estudios, coordinándose cos orientadores do centro de estudios.
       
   

2. Axuste persoal.

Buscamos o fomento da autonomía persoal para a realización de actividades cotiás e de ocio no seu entorno social. Para iso procuramos mellorar as funcións executivas establecendo rutinas, aprendendo a dominar axudas e aplicacións que faciliten ese traballo etc. Tamén fomentamos a realización de actividades de voluntariado no seu entorno próximo se esa persoa non se incorpora ao mundo laboral ou aos estudios.

       
   

3. Habilidades sociais e estratexias para afrontar situacións.

O adestramento en habilidades sociais ten como obxectivos que as persoas coñezan os seus puntos fortes e febles na relación cos demais e que desenvolvan un repertorio de condutas de utilidade para os diferentes ámbitos da súa vida, incidindo especialmente no ámbito laboral.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.