• Foto exterior da fachada principal do centro

Política de privacidade

1.- ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL DE COMPOSTELA SARELA, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmalle que:

- A súa denominación social é ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL DE COMPOSTELA SARELA.

- O seu CIF é G15775604.

- O seu teléfono de contacto é 981 57 70 37 / 881 978 519.

- O seu domicilio sitúase en Rúa Pedro Cabezas González, 3 - 15702 - Santiago de Compostela (A Coruña).

- Está inscrita no Rexistro E-1438.

- E dispón do seguinte enderezo de correo electrónico de contacto .

2.- Así mesmo, SARELA adoptou as medidas e niveis de seguridade esixidos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa que a desenvolve, conforme aos datos que almacena e trata. Os procedementos, normas e medidas establecidas poderán ser susceptibles de mellora como consecuencia de futuros cambios no sistema de información do Responsable do Ficheiro. Igualmente, poden verse afectados ante modificacións realizadas sobre a lexislación vixente en materia de protección de datos.

3.-SARELA implantou todas as medidas técnicas ao seu alcance para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información solicitada a través da súa páxina web www.sarela.org

4.- A información obtida por SARELA dos distintos usuarios que visitan e interactúan coas páxinas e seccións localizadas en www.sarela.org será rexistrada nun ficheiro automatizado, propiedade de SARELA, inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos.

5.-A finalidade da recollida e tratamento de datos será a de poder, eventualmente, contactar co usuario que visita e completa os formularios existentes no sitio web, agora ou no futuro, para cuestións derivadas da propia relación comercial que se estableza entre ambas as partes e o envío de comunicacións comerciais sempre relacionadas cos servizos ou produtos de SARELA.

6.-A cumprimentación dos formularios, o envío de correos electrónicos ou a utilización doutros mecanismos de comunicación ofrecidos en www.sarela.org implican o consentimento expreso do usuario ao tratamento dos seus Datos de Carácter Persoal por parte de SARELA, coas finalidades expresadas no apartado 5.

7.- Calquera usuario que o desexe pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, con arranxo ao previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa aplicable ao efecto, mediante o envío dunha solicitude escrita e asinada, incluíndo o seu nome, apelidos e fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo válido, na que se solicite o exercicio daqueles dereitos que desexe, a ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL DE COMPOSTELA SARELA, Rúa Pedro Cabezas González, 3 - 15702 - Santiago de Compostela (A Coruña). Este servizo non terá custo ningún para o solicitante.

8.- Cando un usuario accede á páxina web de SARELA pode quedar rexistro de parámetros tales como a dirección IP do usuario que se conecta, as páxinas visitadas, a data e a hora da conexión..., que non pretenderán en ningún caso unha finalidade que non sexa a meramente estatística. Calquera outro dato de carácter persoal tipo nome, enderezo, teléfono, correo electrónico, que non poida ser solicitado co mero feito de navegar polas páxinas existentes nun sitio web, non estará dispoñible para a entidade SARELA se o propio usuario non o proporciona nun formulario disposto para tal fin.

9.- SARELA resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web ou na configuración e presentación desta.

10.- SARELA non garante a inexistencia de erros no acceso ao sitio web ou no seu contido, nin que este se atope actualizado, aínda que empregará todas as medidas que estean ao seu alcance para evitalos ou enmendalos.

11.- SARELA non asume responsabilidade ningunha derivada dos contidos mostrados na conexión a ligazóns de terceiros aos que se fai referencia na web.

12.- A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de SARELA, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas. Tanto o acceso a esta web como o uso que poida facerse da información contida na mesma é responsabilidade exclusiva de quen o realiza.

13.- SARELA non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que se poidan causar no sistema informático do usuario como consecuencia da presenza de virus no ordenador empregado para a conexión aos servizos e contidos de www.sarela.org, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.