• banner servizos

PRÉSTAMO DE BICICLETAS ADAPTADAS

Sarela conta con dúas bicicletas infantís adaptadas que pon a disposición das persoas socias para o seu préstamo a domicilio.

O método de préstamo é moi sinxelo: só é necesario cubrir o documento de solicitude indicando as datas requeridas e abonar un canon de cinco euros.

Asignaranse por orde de petición e priorizaranse as solicitudes novas, de persoas que non utilizaran as bicicletas nas tres semanas anteriores.

O socio ou socia que as solicite comprométese a que a bicicleta só será empregada por menores e a asumir os gastos derivados do seu mal uso. O préstamo sempre vai ser de fin de semana, do venres pola mañá ao luns seguinte, tamén pola mañá.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.