• servizos sarela 795x180

O DANO CEREBRAL ADQUIRIDO (DCA)

O Dano Cerebral Adquirido (DCA) é a lesión que se produce nas estruturas cerebrais de forma súbita en persoas que, nacendo sen ningún tipo de dano no cerebro, sofren unha lesión nun momento posterior da súa vida.      

Principais causas

  • Ictus:  é  a  primeira causa e pode ser isquémico (falta de irrigación sanguínea debido á interrupción súbita e inmediata do fluxo do sangue) ou hemorráxico (rotura dun vaso sanguíneo encefálico debido a unha suba da tensión ou a un aneurisma conxénito).

  • Traumatismo cranioencefálico (causado por accidente de tráfico, laboral, deportivo, agresións etc)

  • Enfermidade metabólica

  • Enfermidade infecciosa

  • Tumor cerebral

  • Anoxia cerebral (falta de osíxeno)


 

Consecuencias


As secuelas do dano cerebral adquirido son diferentes e heteroxéneas, e xeran distintos tipos e niveis de discapacidade segundo a persoa e a lesión. Co DCA non falamos de discapacidade física, psíquica ou sensorial pois poden presentarse en diferentes graos segundo a persoa.

Estas secuelas podémolas clasificar, entre outras, en:

  • Motoras

  • Sensoriais

  • Cognitivas

  • Afectivo / Emocionais

  • Condutuais / Alteración do comportamento

No seguinte vídeo, elaborado por FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral), persoas con DCA e familiares explican as diversas secuelas nas que se manifesta esta discapacidade.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.