• Banner pictogramas

FASES NA ATENCIÓN

A atención á persoa con dano cerebral pasa por diferentes etapas desde o momento que se produce ata que se estabiliza.

Fase crítica: é o momento no que se produce a lesión.

Fase aguda: entramos no ámbito sanitario a través das unidades de coidados intensivos, unidades de ictus ou equivalentes co obxectivo de salvar a vida da persoa e mitigar as secuelas coas intervencións que sexan precisas.

Fase subaguda: nesta fase dá comezo a rehabilitación específica de dano cerebral segundo as necesidades de cada persoa. A persoa afectada aínda é “paciente” pois seguimos nunha fase sanitaria e na que comezan a traballar as unidades de rehabilitación hospitalaria e ambulatoria.

Fase crónica ou de estabilización: As secuelas estabilízanse, a persoa xa non precisa coidados médicos e pode volver ao seu domicilio. Neste momento a persoa pode volver ao seu traballo ou de ser necesario a un recurso comunitario como pode ser un centro de día. É o maior reto para esas persoas e as familias. Estas últimas teñen que asumir a responsabilidade de coidados e adaptar o fogar ás novas necesidades. 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.