Últimas novas
30/04/2012
Achegamos o Boletín Informativo de Sarela: Facendo Camiño Nº12
Esta é a primeira publicación na que introducimos as achegas das persoas socias. Temos novos contidos, formación e opinión experta; novo formato; e un novo nome: 'Facendo Camiño'.
20/04/2012
Sarela convídavos a asistir ao Obradoiro sobre Dano Cerebral Adquirido que se desenvolverá en xuño
Os días 5 e 12 de xuño a Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza un Obradoiro sobre Dano Cerebral Adquirido, coordinado por Begoña García Cepeda (Xefa de Servizo de Atención ao Cidadán do Servizo Galego de Saúde, SERGAS), e impartido por profesionais de Sarela, outras asociacións de persoas con dano cerebral de Galicia e profesionais do SERGAS.
19/04/2012
Comeza a campaña do 'X' Solidario: márcao!
Sarela únese á campaña da Plataforma do Terceiro Sector para que na nosa declaración da Renda marquemos o cadriño de 'Fines Sociales'. Grazas á solidariedade das persoas contribuíntes, o ano pasado máis de cinco millóns e medio de persoas beneficiáronse dos programas financiados polo IRPF.