29 de outubro, Día Mundial do Ictus

31/10/2013

A prevención dos seus factores de risco e actuar rápido cando se produce son as mellores maneiras de frear o dano cerebral producido por ict

O 29 de outubro é o Día Mundial do Ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido. O ictus é o causante do 78% dos casos de dano cerebral, provocando secuelas como trastornos motores, sensoriais, orgánicos, cognitivos, emocionais e conductuais.

Sarela e as outras entidades membro da Federación Galega de Dano Cerebral traballamos na rehabilitación integral e multidisciplinar das persoas que sufriron un ictus que lles provocou dano cerebral. Sen embargo, insistimos en que o máis importante para rehabilitar o dano cerebral é evitalo.

Pódese evitar o dano cerebral causado por un ictus?

prevención é fundamental para evitar os factores de risco cerebrovascular. Seguir unha dieta equilibrada, evitar o sedentarismo, frear o estrés, limitar o consumo de alcol e desterrar o tabaco axudan a manter o cerebro en forma. Hai máis consellos de prevención no blog Envellecer con Dano Cerebral Adquirido.

Se aínda así non conseguimos evitar que se produza o ictus, estamos a tempo de minimizar as súas secuelas identificando os signos de alarma e actuando con rapidez. Se se presenta algún dos síntomas que aparecen na ilustración…

  • Debilidade ou perda de forza nun só lado do corpo (beizo, brazo, perna)
  • Perda ou dificultades na fala
  • Dor de cabeza moi aguda e repentina

… é fundamental chamar canto antes ao 112 (emerxencias) ou ao 061 (urxencias médicas). O tratamento hospitalario ten que se aplicar en menos de seis horas (mellor nas primeiras catro) para que sexa efectivo.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información