• slide interiores

Noticias

A asemblea de socios/as aproba os orzamentos de 2017, a modificación de estatutos e renova a confianza na actual directiva

A asemblea de socios/as aproba os orzamentos de 2017, a modificación de estatutos e renova a confianza na actual directiva

Momento da asemblea

A asemblea de socios e socias de Sarela comezou ás 18:30 horas da tarde inmediatamente despois de terse celebrado un encontro con familias para falar de novas accións relativas á atención a familiares que se desenvolven dentro do Servizo de Información, Orientación e Apoio. Neste encontro falouse polo miúdo de aspectos deste programa como é o intercambio de coñecementos a través de charlas informativas; a axuda entre a comunidade para necesidades do día a día das familias e a participación na vida social para crear unha maior rede de apoio ás persoas coidadoras. Tamén se informou de aspectos como é o espazo asociativo do que participamos no Hospital clínico e do novo aloxamento temporal gratuíto para familias con algunha persoa ingresada nese centro cun dano cerebral adquirido.

 

Asemblea

 

A asemblea ordinaria aprobou un orzamento de ingresos e gastos duns 695.000 euros. Na mesma tamén se presentou a memoria anual de actividades e a actualización dos proxectos en marcha así como iniciativas de cara ao futuro.

 

A asemblea extraordinaria, celebrada inmediatamente despois, tiña como principal punto na orde do día era a elección da Xunta directiva. No proceso de elección só se presentou unha candidatura, que se corresponde coa actual directiva, polo que a asemblea renovou a súa confianza na mesma. Neste encontro tamén se decidiu modificar os estatutos de Sarela, concretamente o 18 e o 27, para garantir a paridade de xénero na súa directiva e limitar a dous o número de mandatos da mesma co obxectivo de ter unha asociación máis dinámica e buscar a implicación do seu corpo social.

 

 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.