A estrea do novo centro, no boletín nº 100 de FEDACE

10/03/2015

'Compartir' informa sobre o movemento asociativo do dano cerebral.

O boletín Compartir, da Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE), fixo este mes 100 números publicados. Conmemóraos con boas novas, xa que informa da recepción do premio Fundetec 2014 -grazas ao proxecto 'Volver a Aprender tras el DCA- e da estrea do novo centro de Sarela.
 
O boletín recén publicado, con información correspondente ao último mes, abre co galardón recibido polo proxecto 'Volver a Aprender tras el Daño Cerebral Adquirido', promovido por FEDACE. Este premio entrégao a Fundación para el Desarrollo Infotecnológico de Empresas y Sociedad (Fundetec) e implica a recepción de 6.000 euros para o desenvolvemento do programa.
 
A estrea do novo centro de Sarela, o pasado 26 de xaneiro, é outra das noticias salientadas en Compartir. FEDACE informa do novo emprazamento da asociación, dos servizos e actividades que proporciona e das prazas, tanto privadas como concertadas, do centro do Traspaxonal.
 
Renacer (a Asociación de Dano Cerebral de Ourense) e ADACE (a Asociación de Dano Cerebral de Lugo) tamén teñen un oco no Compartir de febreiro. Este inclúe unha crónica do entroido na entidade ourensá, e informa da iniciación ao deporte adaptado a través dunha charla en ADACE Lugo.
 
Ademais de outras informacións das asociacións membro de FEDACE, Compartir inclúe un artigo sobre 'Ser pais dun menor con Dano Cerebral Adquirido (DCA)' -de Yolanda Fonseca, presidenta da asociación Hiru Hamabi | 3/12-, a axenda de actividades previstas relacionadas co DCA, e outras informacións sobre o ámbito da discapacidade.
 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información