A Federación Galega de Dano Cerebral estrea páxina web

23/02/2015

Inclúe máis contidos e servizos de utilidade para as familias de persoas con DCA.

FEGADACE estrea, despois de meses de traballo, a súa nova páxina web. A plataforma da federación en internet conta agora con máis e máis completas seccións, mellores recursos e recomendacións para familias e persoas con dano cerebral, e a información máis actualizada.

A nova páxina web conta ademais cun boletín online ao que xa é posíbel subscribirse premendo nesta ligazón: Boletín. Dispón dun espazo privado para a xunta directiva e os equipos profesionais das diferentes asociacións, e un novidoso sistema de información sobre como colaborar, que permite a doazón instantánea.

Esta ferramenta dixital inclúe, ademais, información sobre a federación e os seus recursos, cun importante espazo para a transparencia, un espazo para o dano cerebral adquirido, no que se expoñen as súas causas, consecuencias, e se aportan referencias para abordalo, e o lugar das asociacións de dano cerebral, onde se pode consultar todo sobre ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela.

Información extraída da web de FEGADACE.

 

Categorías: FEGADACE
Tags: servizos

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información