Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O venres 2 de febreiro estaremos no Concello de Negreira con dous actos informativos que organizamos como parte do noso traballo de información sobre o Dano Cerebral Adquirido entre a poboación da área sanitaria de Compostela.

A partir das 18:00 no Telecentro haberá unha charla aberta na que Olalla Domínguez, unha das nosas traballadoras sociais, falará das causas do dano cerebral adquirido e da súa prevención. Tamén dará claves sobre o coidado e rehabilitación das persoas que sofren esta discapacidade.
Previamente, ás 17:30 no novo Auditorio as terapeutas ocupacionais de Sarela Ana Ruiz e Majo Hermida terán un encontro coas profesionais do programa municipal de axuda no fogar para falar das especificidades que implica o coidado de persoas con dano cerebral, promovendo a máxima autonomía das mesmas, e haberá unha parte práctica sobre aspectos como transferencias e posicionamentos.