As xuntas directivas fórmanse para afianzar FEGADACE

30/09/2015

O centro de Sarela acolle tres obradoiros entre setembro e novembro.

As xuntas directivas de FEGADACE e das súas asociacións membro están a participar desde setembro nun programa de formación destinado a mellorar o desenvolvemento das súas funcións directivas e a afianzar a identificación das entidades que representan coa Federación Galega de Dano Cerebral, que as une desde 2007.
 
A formación está dividida en tres sesións. A primeira desenvolveuse o sábado 5 de setembro en Compostela, e estivo aberta a membros das xuntas directivas e a directores/as das asociacións. A seguda sesión será este sábado, 3 de outubro, nas instalacións de Sarela, e a última o 7 de novembro, tamén sábado e na mesma cidade.
 
O formato da actividade é tipo obradoiro, promovendo a interacción entre as persoas participantes e cun desenvolvemento práctico guiado por David Pereiro, da consultora Algalia. O obxectivo é estreitar os lazos interpersoais das directivas de ADACECO, ADACE, Alento, Renacer e Sarela para favorecer a cohesión e continuar o proceso de construción da Federación Galega de Dano Cerebral.
 
As persoas asistentes reciben neste ciclo formación sobre competencias directivas, liderado, traballo en equipo, intelixencia emocional, xestión do cambio, xestión do tempo, delegación e xestión de conflictos. O obxectivo é que tomen conciencia do seu papel de liderado dentro das asociacións para decidiren conxuntamente que tipo de liderado queren exercer na Federación.
 
*Información e imaxe extraídas da páxina web de FEGADACE.
 
Categorías: Sarela , FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información