Cambios na web de Sarela para mellorar a súa accesibilidade

04/05/2016

Introducíronse cambios estéticos e de estrutura para unha mellor comunicación da nosa actividade pero a revisión da páxina centrouse fundamentalmente en garantir a súa accesibilidade.

Estes días estivemos traballando na web da asociación para introducir algunhas melloras e garantir sobre todo unha correcta navegabilidade. Ademais dalgúns cambios estéticos e de estrutura que permitan unha mellor comunicación da nosa actividade, a revisión da páxina centrouse fundamentalmente en garantir a súa accesibilidade.

 

Agora a web procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da mesma sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores empregados e accesible tamén para navegadores adaptados a persoas con limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas. A web de Sarela agora é adaptativa polo que poderemos consultala de xeito sinxelo desde calquera dispositivo móbil e cumprindo as normas de accesibilidade.

 

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información