• servizos sarela 795x180

Noticias

Campaña de prevención do ictus no centro de saúde de Fontiñas

Campaña de prevención do ictus no centro de saúde de Fontiñas
O ictus é a principal causa do dano cerebral adquirido. Está detrás do 78% de casos desta discapacidade. Moitas das persoas usuarias de Sarela chegaron á asociación despois dun ictus, e por iso son as máis interesadas en sensibilizar á poboación sobre os seus factores de risco e os seus síntomas de alarma. Sarela desenvolve de maneira permanente unha campaña de sensibilización en diferentes centros sanitarios da cidade de Santiago.
 
O último martes de setembro foi a quenda de o Centro de Saúde de Fontiñas. Profesionais e persoas usuarias de Sarela con dano cerebral causado por ictus estiveron no centro para informar á poboación sobre esta doenza.
 
A base da campaña de sensibilización é un folleto que serve para avaliar o coñecemento do ictus que ten a persoa que está a ser informada. A continuación, apórtaselle información sobre como identificar o ictus, insistindo na necesidade de acudir canto antes a urxencias se se percibe rixidez ou parálise nunha soa metade do corpo, unha dor de cabeza aguda e repentina, ou dificultades para falar ou para comprender o discurso oral.
 
A información complétase con pautas sobre hábitos saudábeis e outras maneiras de previr os factores de risco do ictus.
 

Multimedia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.