Campaña de subscrición ao boletín online 'Facendo Camiño'

17/03/2015

O próximo número publícase a finais de marzo.

Sarela está a piques de publicar o próximo número do boletín Facendo Camiño, que desde o ano pasado conta tamén cunha versión dixital. A asociación anima a todas as persoas interesadas a subscribirse antes de que remate o mes, que será cando se faga o vindeiro envío.
 
O boletín Facendo Camiño leva publicándose desde agosto de 2007 e acada, neste mes de marzo, o seu número 16. Edítase en papel e envíase ás persoas socias de Sarela, ademais de ofrecerse no centro e na Xornada de Sensibilización na Comunidade. Desde o ano pasado conta tamén cunha versión dixital. A subscrición pode concertarse nesta ligazón: Facendo Camiño.
 
O número de marzo está centrado na estrea do centro do Traspaxonal. Ademais, e como é habitual, recolle información sobre as actividades, servizos e novidades da asociación, do dano cerebral adquirido, e da discapacidade en xeral.
 
Sarela dispoñibiliza no apartado Facendo Camiño o arquivo completo de boletíns editados en formato pdf.
 
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información