Charla de voluntariado na Universidade de Santiago

24/09/2014

A educadora social Noelia Nieto falará este sábado na USC.

Noelia Nieto, educadora social e responsable de voluntariado de Sarela, participa este sábado, 27 de setembro, no Curso de Formación Básica de Voluntariado da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A institución educativa organiza esta actividade para sensibilizar ao alumnado sobre o voluntariado e para informar das diferentes opcións de que dispoñen para practicalo.
 
O curso desenvólvese os días 19, 20, 26 e 27 de setembro e 3 e 4 de outubro na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, en Santiago. Noelia Nieto invervén este sábado, día 27, dentro do apartado de 'Atención á diversidade', que se tratará desde diferentes puntos de vista entre as 16:00 e as 20:00 horas. En concreto, a educadora social vai facer unha exposición sobre o dano cerebral adquirido e o traballo e obxectivos de Sarela, para rematar informando sobre a acción do voluntariado na asociación.
 
O Curso de Formación Básica de Voluntariado conta con módulos sobre a acción voluntaria, a cooperación, a inclusión social, as actividades relacionadas con saúde, idade, ambiente, participación social... Pretende, sobre todo, amosar diferentes experiencias de voluntariado co obxectivo de animar ao estudantado a desenvolver unha participación social solidaria.
 
Categorías: Sarela , Voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información