• slide interiores

Noticias

Charla sobre ictus e demencia en Compostela

Charla sobre ictus e demencia en Compostela

O ictus e a demencia será o primeiro tema da serie de charlas que La Voz de Galicia organiza conxuntamente coa Xerencia de Xestión Integrada de Santiago do Sergas baixo o título Charlas saudables.

 

A primeira destes encontros celebrarase este mércores 9 co doutor José Castillo, xefe do Servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), e segundo recolle o propio xornal nunha reportaxe publicada este domingo tratará de transmitir á poboación que temos dúas grandes epidemias neste momento, que son fundamentalmente a demencia e a enfermidade cerebral vascular. 

 

O acto será o mércores 9 na sede de Afundación (rúa do Vilar, 19) ás 20:00 horas. A entrade é libre ata completar aforo.

 

 

Categorías: Dano Cerebral Adqurido

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.