• slide interiores

Noticias

Continuamos coa formación impartida por e para familiares

Continuamos coa formación impartida por e para familiares

As familias empregan a sala de informática da centro para as súas actividades de formación.

O apoio ás familias é fundamental para as persoas con DCA e para as familias ao ter que afrontar unha nova realidade que chega de forma brusca e inesperada. O programa de información, orientación e apoio a familias de Sarela articúlase en varias accións como son a información individual e en grupo na nosa sede, o punto de información no Hospital Clínico de Santiago ou a información en concellos e centros de saúde da nosa área sanitaria, entre outros.

 

Crear unha rede social de apoio é outro dos obxectivos fundamentais. Para as familias das persoas con DCA contar con ela é moi importante sobre todo para as persoas que son coidadoras principais. En Sarela as persoas socias crearon un sistema de intercambio de axuda para facilitar o día a día a outras familias.

 

Deste xeito entre elas axúdanse, por citar uns exemplos, á hora de facer trámites administrativos, acompañar unhas hora á persoa con DCA, e tamén para impartir a formación que elas consideran de interese. Un exemplo é o curso sobre uso de internet e correo electrónico e a súa aplicación práctica para a vida cotiá que unha socia de Sarela está a dar a outras familiares da asociación. 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.