• slide interiores

Noticias

Continuamos coas charlas abertas ao público e para profesionais para informar sobre o dano cerebral adquirido

Continuamos coas charlas abertas ao público e para profesionais para informar sobre o dano cerebral adquirido

Este venres, 26 de xaneiro, o Auditorio municipal de Padrón acollerá a partir das 19 horas unha charla aberta na que Rocío García, directora de Sarela, falará sobre as principais causas do dano cerebral adquirido, da súa prevención e das claves que, en caso de sufrilo, interveñen na recuperación da persoa. Este acto é aberto ao público e conta coa colaboración do Concello de Padrón para a súa organización.

 

A vindeira semana achegarémonos até Negreira para desenvolver dúas actividades, tamén dentro do Programa de Información, Orientación e Apoio a familias. O venres 2 de febreiro ás 17:30 horas no novo Auditorio, as terapeutas ocupacionais de Sarela Ana Ruiz e Majo Hermida terán un encontro coas profesionais do programa municipal de axuda no fogar para falar das especificidades que implica o coidado de persoas con dano cerebral, promovendo a máxima autonomía das mesmas, e haberá unha parte práctica sobre aspectos como transferencias e posicionamentos.

 

Media hora máis tarde, ás 18 horas no Telecentro, Olalla Domínguez (unha das nosas traballadoras sociais) fará unha charla aberta á cidadanía no que fará unha exposición sobre aspectos xerais relacionados co dano cerebral adquirido e seus coidados e responderá ás dúbidas que o público teña.

 

Estes actos forman parte do noso Programa de información, orientación e apoio a familias, e no que as traballadoras sociais da asociación mantiveron unhas 90 reunións con concellos, centros de saúde e hospitais.  Nunha primeira fase, os encontros con profesionais tiveron como obxectivo dar a coñecer os servizos de Sarela pero sobre todo  favorecer a eficacia da atención ao DCA coa coordinación con outros profesionais, a actualización continua de información sobre recursos, prestacións etc e planificar campañas de sensibilización. Unha vez completado este traballo, o seguinte paso foi organizar charlas nos concellos da área sanitaria de Santiago.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.