• slide interiores

Noticias

De visita na Coruña

De visita na Coruña

Este sábado un grupo de aproximadamente 20 persoas usuarias dos diferentes servizos de Sarela fixeron unha excursión á Coruña. Estiveron no acuario e de visita na Torre de Hércules e no paseo marítimo. Varias profesionais de Sarela acompañáronos para que a xornada de ocio transcorrera adecuadamente e tiveran a atención que precisaban.

 

Isto, á vez permitiu que as familias tiveran este día para descansar e facer actividades que habitualmente non poden realizar. 

Desde aquí queremos dalas grazas polas facilidades que nos deron en todo momento os profesionais do acuario e do restaurante, Cantina de Ultramar, para que tiveramos un día perfecto.Esta actividade foi posible grazas ao convenio que FEGADACE ten coa Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia. 

 

 

 

 

 

Categorías: Sarela
Tags: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.