• slide interiores

Noticias

Día do Dano Cerebral 2017: sensibilizar, reivindicar e dar visibilidade

Día do Dano Cerebral 2017: sensibilizar, reivindicar e dar visibilidade

O Día do Dano Cerebral Adquirido celébrase desde 2007, ano no que o Consello de Ministros oficializou o 26 de outubro como data para dar visibilidade ao colectivo de persoas con DCA. Foi a proposta de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e desde aquela este día converteuse nun espazo de reivindicación para todo o colectivo das necesidades de atención das persoas con DCA e súas familias.

 

Así, este xoves convida a toda a cidadanía a acompañarnos na camiñada que realizaremos o xoves polas rúas de Santiago. O punto de encontro é na Alameda (na escultura das Marías) ás 11 horas da mañá para a continuación facer un paseo reivindicativo e festivo pola rúa do Vilar e Fonseca para rematar na Praza do Obradoiro.

 

Lectura do manifesto

Unha vez na praza, ás 12 horas un grupo de persoas con DCA, familiares e voluntarios de Sarela lerán o manifesto no que se recollen as principais reivindicacións do asociacionismo no relativo á atención das persoas con DCA e súas familias.

 

Mesas informativas

Un ano máis, o xoves 26 tamén estaremos no Hospital Clínico (de 10 a 13 horas) cun punto de información para dar a coñecer o traballo de Sarela e sensibilizar á poboación na prevención do DCA. Esta mesa informativa estará atendida por profesionais, persoas con dano cerebral e familiares.

 

Por primeira vez este ano tamén estaremos no Hospital do Barbanza (de 10 a 13 horas) cunha mesa informativa atendida por profesionais e voluntarios da asociación.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.