FEGADACE inaugura o día 20 a exposición Punto e Seguido

12/03/2018

Este traballo quere amosar a realidade das persoas con dano cerebral adquirido. Tamén se vai estrear unha curtametraxe co mesmo título. Será o martes 20 ás 19 horas na Sala de exposicións Campus Stellae.

“Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido” é o título elixido por FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) para amosar a través da fotografía que sucede nas vidas destas persoas e familias unha vez reciben a alta hospitalaria e teñen que comezar a convivir cunha nova realidade.

 

As imaxes, obra do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizáronse nas cinco asociacións galegas de dano cerebral e están protagonizadas por persoas con distintos graos de discapacidade e en diferentes situacións que amosan o seu día a día. A mostra no seu conxunto representa o papel que as asociacións xogan á hora de construír un espazo común de recuperación, apoio e convivencia.

 

“Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido” poderá visitarse ata o 30 deabril, de 9:00 a 20:00, na sala Campus Stellae. A continuación iniciará un percorrido que a levará, ao longo de 2018, ás cidades da Coruña, Ourense, Vigo e Lugo. Proximamente iranse anunciando as datas e salas nas que se poderá visitar.

 

Estrea dunha curtametraxe

Esa mesma tarde FEGADACE tamén vai estrear unha curtametraxe, creado por Edición Rusa, no que a través de diferentes testemuños de persoas con DCA, familiares e profesionais das asociacións crean un retrato da complexidade de secuelas que compoñen o dano cerebral adquirido: físicas, sensoriais, económicas, cognitivas, sociais, orgánicas... Ambos os dous materiais foron elaborados co apoio da Deputación da Coruña. Para a exposición contouse, ademais, coa colaboración da Fundación La Caixa.

 

Inauguración en Compostela


A inauguración vai ter lugar na Sala de Exposicións Campus Stellae (Praza da Quintana, 3 - Santiago de Compostela), o martes 20 de marzo, Día da Felicidade, ás 19:00 h. e poderá visitarse ata o 30 de abril, de 9:00 a 20:00. A continuación iniciará un percorrido que a levará, ao longo de 2018, ás cidades da Coruña, Ourense, Vigo e Lugo. Proximamente iranse anunciando as datas e salas nas que se poderá visitar.

 

 

Categorías: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información