• slide interiores

Noticias

Guía 2017 de axudas e servizos a familias

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica anualmente a Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.

 

Esta guía é un documento que recolle todas as prestacións estatais en materia de Seguridade Social, permisos e excedencias, emprego, beneficios fiscais por fillos a cargo, familias numerosas, monoparentais, con membros en situación de dependencia, con VHC ou VIH, en materia de vivenda e culturais, deportivas e turísticas.



En concreto, o apartado destinado ás 'Axudas para familias con persoas en situación de dependencia' comeza na páxina 54 e inclúe información sobre a protección específica das persoas coidadoras e sobre prestacións económicas para Asistencia Persoal.
 

Accede á  Guía de axudas e servizo para familias 2017 na web do Ministerio de Sanidade.

 

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.