I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

16/04/2015

Vai percorrer as rúas de Compostela na mañá do 26 de abril.

A Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple (ACEM) organiza, o 26 de abril, a I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple. O prezo da inscrición é de 5 euros, cos que se colabora coa asociación e coas persoas que teñen esta doenza.
 
A carreira conta coa colaboración e co control técnico da Federación Galega de Atletismo, que vai supervisar o percorrido da marcha. Esta sae ás 11:00 da Alameda, e, como existen diferentes categorías, cada unha ten un horario e percorrido. Están todas no documento que se pode consultar ao final da noticia.
 
A inscrición pode formalizarse na ACEM (Rúa do Hórreo, locais 47 e 48), na Federación Galega de Atletismo (a través da web www.carreirasgalegas.com) ou no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), no departamento de deportes. Vai permanecer aberta ata o día 23 de abril.
 
A ACEM tamén dispoñibiliza un número de conta para o dorsal 0, para persoas que queiran facer unha aportación económica pero non poidan participar na carreira. Está en La Caixa: ES13 2100 2186 9702 0035 5317.
 
pdf
  • Cartel Carreira pola Esclerose Múltiple
  • Cartel que anuncia a I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, que organiza a Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple o 26 de abril.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Bases Carreira pola Esclerose Múltiple
  • Documentación sobre a inscrición na I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, que organiza a Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple o 26 de abril. Inclúe o mapa da carreira, categorías, percorridos, etc.

  • Baixar ficheiro
Categorías: Discapacidade , Dependencia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información