O Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLG) organizou, con motivo do Día Europeo da Logopedia (6 de marzo), un concurso de fotografía dedicado ao dano cerebral adquirido.
O Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (
CPLG) organizou, con motivo do Día Europeo da Logopedia (6 de marzo), un concurso de fotografía dedicado ao dano cerebral adquirido. Baixo o lema
'De repente... sen palabras', o CPLG chamaba a retratar como afecta o dano cerebral ás capacidades comunicativas e a visibilizar o DCA.
Sarela participou no concurso enviando unha fotografía que transmite o que sente unha persoa con dano cerebral adquirido que ten problemas de comprensión do discurso oral. Estas persoas senten os sons e ruídos, pero non son quen de diferenciar o que significan; de aí a explicación da fotografía, na que unha persoa escoita falar en diferentes idiomas que lle son alleos e non entende o que lle din.
Sarela quere dar os parabéns ás persoas premiadas e agradecer ao Colexio de Logopedas que tivera en conta o dano cerebral adquirido para a conmemoración do Día da Logopedia de 2015.