Información da reunión da Xunta directiva de febreiro

21/02/2017

A Xunta directiva da asociación mantivo en días pasados a súa reunión mensual. Na reunión deste mes, e como paso previo á celebración da súa asemblea anual o vindeiro 2 de marzo, o órgano colexiado de dirección aprobou os orzamentos para 2017 e as contas do exercicio pasado.

A directiva tamén tratou a modificación dos estatutos en dous dos seus artigos. Un dos cambios que se propón á asemblea para aprobación fai referencia á que na composición da xunta directiva deberá rexer o principio de paridade de xénero. O segundo afecta á duración dos mandatos da mesma, que terá unha duración de catro anos, podendo ser reelixida ao final do mesmo, sen superar dous mandatos consecutivos.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información