Información da reunión da Xunta directiva de Sarela do mes de maio

12/05/2016

Analizouse o grado de cumprimento dos orzamentos, as actividades planificadas, renovouse a colaboración co Pacto Mundial da ONU, entre outros asuntos.

Onte, mércores 11 de maio, celebrouse a reunión mensual da Xunta directiva de Sarela.  O órgano colexiado de dirección, xunto coa aprobación da acta anterior, realizou un seguimento do grao de cumprimento dos orzamentos da asociación recentemente aprobados en asemblea así como das actividades que mensualmente se planifican no centro de Sarela.

 

Tamén se trataron outros temas como a renovación da relación existente co Pacto Mundial de Nacións Unidas (Global Compact) e do que Sarela é socia desde o ano 2014. Esta é unha iniciativa internacional que promove a ONU para a consecución dun desenvolvemento sostible desde o punto de vista humano, medioambiental e económico. Hoxe en España hai unhas  440 entidades adheridas como socias desta iniciativa de responsabilidade social, das queen Galicia hai 12. Ademais de Sarela figuran Inditex, Anfaco (Asociación nacional de conservas), Calvo, CRTVG, Abanca, entre outras empresas. En 2016, segundo a información directa facilitada pola Red Española del Pacto Mundial, haberá reunións entre os socios empresarias e do terceiro sector co obxectivo de cruzar intereses e facilitar a colaboración entre os mesmos.

 

Na xuntanza de onte a xunta directiva tamén tratou a participación das persoas usuarias e das súas familiar no programa de “respiro familiar” organizado por FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) e que se desenvolverá na primeira semana do mes de xuño.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información