Información da reunión da Xunta directiva de Sarela do mes de setembro

12/09/2016

Como é habitual informamos dos acordos tomados e dos asuntos tratados polo órgano colexiado de dirección da asociación.

O xoves 8 de setembro celebrouse a reunión mensual da Xunta directiva de Sarela.  O órgano colexiado de dirección, xunto coa aprobación da acta anterior, realizou como é habitual un seguimento do grao de cumprimento dos orzamentos da asociación como das actividades que mensualmente se planifican no centro de Sarela.

 

A directiva, presidida por José Balboa, tamén comezou a planificar as actividades previstas con motivo da celebración do Día Nacional do DCA o 26 de outubro e do Día mundial do ictus o 29 do mesmo mes. Na reunión tamén se acordou o inicio dos traballos para organizar a inauguración do centro de Sarela nos vindeiros meses e tratouse a participación dos e das compoñentes da directiva de Sarela no Encontro de Xuntas directivas de FEGADACE o 24 de setembro de 2016 en Lugo.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información