Información da reunión da Xunta directiva do mes de maio

24/05/2017

Esta semana a Xunta directiva de Sarela celebrou a súa reunión mensual ordinaria para, como é habitual, facer o seguimento da actividade da entidade no seu conxunto e das actividades que se desenvolven nos diferentes servizos do seu centro.

 

Nesta reunión a directiva da asociación planificou a participación activa de Sarela na asemblea de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) que se celebrará os días 9 e 10 do vindeiro mes. Tamén se falou da participación da asociación nun encontro que se celebrará no Parlamento Europeo a finais de maio en relación á situación do terceiro sector en España.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información