Información da reunión da xunta directiva do mes de xuño

27/06/2016

A semana pasada celebrouse a reunión mensual da Xunta directiva de Sarela.  O órgano colexiado de dirección, xunto coa aprobación da acta anterior, realizou un seguimento do grao de cumprimento dos orzamentos da asociación aprobados en asemblea. Fíxose tamén un seguimento das actividades do centro e unha valoración da representación o pasado 10 de xuño da obra de teatro “Sarela e a fábrica de chocolate”. Na xuntanza analizouse a participación e o programa da edición deste ano do Foro de Familias organizado por FEGADACE e que se celebrará na cidade da Coruña o vindeiro 2 de xullo.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información