Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Entre os principais temas tratados na reunión ordinaria da Xunta directiva de Sarela do mes de xuño destaca a participación da asociación nas actividades organizadas desde FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) na xuntanza de persoas e familias de persoas con DCA así como na Asemblea de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) celebrada en Madrid o 10 de xuño.
Como é habitual, a directiva fixo un seguimento e actualización de todo o relativo a orzamento, persoal e actividades da asociación, nas que destaca a obra de teatro que representaremos o 7 de xullo a partir das 19:30 horas no Auditorio de Galicia. Tamén se deu conta da participación de Sarela nun encontro no Parlamento europeo no que expuxo a situación das persoas con dano cerebral adquirido en Galicia.