Máis cerca de poñer en marcha o centro ocupacional

04/04/2016

Obtidos os permisos municipais, poderemos continuar co proceso para crear no primeiro andar do edificio o centro ocupacional para 30 persoas

O Concello de Santiago concedeu a mediados de marzo a licenza de primeira ocupación total e o permiso de inicio de actividade do novo centro de SARELA. Esta fora a petición máis urxente que a directiva da asociación lles trasladara ao alcalde da cidade na visita que realizou o pasado 26 de xaneiro. Superado este primeiro trámite administrativo, continuaremos coa posta en marcha da totalidade das instalacións dado que até agora había unha licenza parcial.

 

Isto supón poñer en uso o primeiro andar do edificio no que se situará o centro ocupacional, un servizo para persoas cun maior grado de autonomía no que se poderan realizar desde actividades formativas até de orientación para a inclusión laboral, entre outras función.

 

O centro ocupacional de Sarela está pensado para traballar con 30 persoas usuarias, que se sumarían ás 40 prazas do centro de día. Cos permisos acadados tamén se poderán poñer en uso a piscina da que está dotado o centro, a sala de novas tecnoloxías, así como a totalidade da zona de administración.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información