Noelia e Harry, usuario do SADOC.
Foto: Paco Rodríguez (La Voz de Galicia)

Noelia Parente, educadora social en Sarela: «Moitas persoas rehabilitadas de dano cerebral poden traballar de novo»

07/06/2017

Noelia Parente, unha das nosas educadoras sociais, é a responsable do SADOC (Servizo de Atención Diúrna Ocupacional) de Sarela. No xornal La Voz de Galicia contou o traballo que facemos nun servizo co que buscamos que as persoas con dano cerebral adquirido teñan a máxima autonomía e independencia. Transcribimos aquí a información.

Noelia Parente, unha das nosas educadoras sociais, é a responsable do SADOC (Servizo de Atención Diúrna Ocupacional) de Sarela. No xornal La Voz de Galicia contou o traballo que facemos nun servizo co que buscamos que as persoas con dano cerebral adquirido teñan a máxima autonomía e independencia. Transcribimos aquí a información.

 

Desde noviembre, la educadora social Noelia Parente es responsable del servicio de atención diurna ocupacional del centro de la asociación de daño cerebral Sarela. Comenzaron 8 personas, de quienes una ha encontrado trabajo, otra prepara oposiciones para el Sergas, y otra trata de insertarse en la empresa de su familia. Todas padecieron daño cerebral adquirido tras sufrir un ictus, o traumatismos craneoencefálicos por accidentes laborales o de tráfico «e son persoas para as que se ofrece no centro continuidade á súa rehabilitación. Este servizo de inserción laboral é pioneiro en dano cerebral e emprego en España, só o ofrece outra asociación máis. Por iso, neste tempo tamén nos preocupamos de que nos coñezan ben en entidades como Fundosa, Cogami, ou o Instituto da Seguridade Social», explica Noelia.

 

En este servicio tienen en cuenta las necesidades de cada persona: «veñen aquí, ao centro de Tras Restollal, dous días á semana, e orientamos a xente que non pode acudir presencialmente, con asesoramento para o que precisen: para preparar oposicións, informamos de ofertas de emprego, ou o que necesiten segundo a súa situación», agrega.

 

El objetivo de este programa es favorecer la inserción sociolaboral «porque moitas persoas rehabilitadas de dano cerebral poden traballar de novo. Así, aquí realizan todo o que ten que ver coa procura de emprego: fan un currículo, cartas de presentación, inscrición en diferentes páxinas de emprego, envían currículos a empresas de traballo temporal, e outras. Tamén realizamos con elas moitas actividades executivas e instrumentais relacionadas con planificación e organización: fan diversas tarefas que se lles encomendan para coñecer as súas fortalezas e debilidades, sempre pensando na orientación para o ámbito laboral. Traballamos habilidades sociais, sobre todo a asertividade, para que se saiban desenvolver e dicir que non; ou simulamos entrevistas de selección para un emprego, para que se aprendan a vender».

 

A mayores, visitan entidades que trabajan en el ámbito de la inserción laboral, como las empresas de trabajo temporal, los centros especiales de empleo, la Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre «e comezaremos a visitar empresas para dar a coñecer este colectivo de persoas e para que poidan realizar prácticas non laborais e comprobar como se desenvolven nunha rutina diaria». Otro punto de atención es la planificación de actividades de ocio «que eles mesmos escollen», dice.

 

Al cabo de casi siete meses, Noelia sostiene que «notamos moitos avances. Planeamos obxectivos, cun plan de atención individualizada para cada persoa, que se van cumprindo: e conseguindo que teñan planos de vida a curto prazo, que fagan deporte, ou actividades de voluntariado; e neste último ámbito unha persoa acode a nunha residencia de persoas maiores e outra a un albergue».

 

Muchas personas, antes de sufrir el daño cerebral, tenían una vida laboral activa, y acceden a pensiones de incapacidad permanente absoluta, económicamente elevadas, de las que dependen sus familias. «Hai quen se preocupan moito de consolidar esa seguridade. Aínda que as pensións son cada vez máis pequenas; e en ocasións, tamén llas baixan ou mesmo as poden perder, nas revisións que fai a Seguridade Social. E hai casos que, despois de 3 ou 4 anos sen facer nada, buscan unha ocupación, porque o traballo é unha maneira de ter relacións sociais, de desenvolver habilidades, entre outros beneficios». Este programa se preocupa asimismo de promover nuevas redes de relaciones, «porque moitas veces perden as amizades de antes de padecer o dano cerebral», afirma Noelia.

 

Aquí podes acceder á reportaxe publicada polo xornalista Joel Gómez en La Voz de Galicia.

 

O SADOC (Servizo de Atención Diúrna Ocupacional) conta coa colaboración da Fundación Once e do FSE (Fondo Social Europeo).

 

 

Tags: SADOC, emprego

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información