"Non corras, conduce"

12/05/2014

Campañas de seguridade viaria.

Non corras, conduce é o título gañador do I Concurso Nacional de curtametraxe de Seguridade Viaria que organizou Stop Accidentes. O seu creador é Rubén Fuentes Gallego. Dirixido fundamentalmente a estudantes de comunicación, artes ou produción, o concurso ten como obxectivo sensibilizar ao público máis novo sobre a prevención de accidentes de tráfico.

O certame de Stop Accidentes pretende enfatizar a visión dos valores na seguridade viaria. A curtametraxe gañadora emprega a ficción -e o humor- para falar de prudencia e respecto ás persoas e ás normas de convivencia.

"Ponle freno"

Vídeos, e outros soportes informativos, ofrece tamén a campaña "Ponle freno" que promoven Antena 3 Televisión e a aseguradora Axa. Xuntas fixeron público o manifesto "2020 cero víctimas". Sinalan que "en 2013 conseguimos rebaixar a barreira dos mil accidentes mortais nas nosas estradas" e animan a levar esa cifra a cero no prazo que vai ata o ano 2020.

A páxina web da campaña ofrece información sobre seguridade viaria, noticias, consellos, convocatorias e todo tipo de recomendacións centradas en reducir, ata cero, a sinistralidade nas estradas.

Accidentes de tráfico e dano cerebral adquirido

Os traumatismos cranioencefálicos causados por accidentes de tráfico son a segunda causa de dano cerebral adquirido. A súa incidencia estatísca aumenta nas persoas máis novas. A sensibilización sobre a seguridade viaria é unha das prioridades das asociacións de dano cerebral. Sarela colabora con varios concellos e autoescolas impartindo charlas para incidir nesta cuestión.
 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información