• servizos sarela 795x180

Noticias

Nova estrea do grupo de teatro de Sarela

Nova estrea do grupo de teatro de Sarela

O grupo de teatro de Sarela volve o venres 6 de xullo ás 19:30 h. ao Auditorio de Galicia para a estrea da súa última creación, “Neflis Sarela”. Esta será a sexta obra creada e interpretada por persoas usuarias dos nosos servizos, familiares, persoas voluntarias e profesionais da asociación.

 

Primeiro foi “Sarela Televisión”, despois “Sarela en camiño”, seguiulle “En Sarela non hai quen viva”, “Sarela e a Fábrica de chocolate”  e o ano pasado “Amar en tempos de Sarela”.

 

Este ano o guión regresa ao mundo da televisión que serviu de inspiración para a primeira representación pero coas novas formas de consumo televisivo. O elenco de actores e actrices meterannos de cheo na plataforma de tv online de Sarela para facer un repaso por series de éxito. Coma todos os anos, o que suceda unha vez lle deamos ao play só se poderá coñecer estando no Auditorio ese día.

 

Quen o desexe xa pode reservar as entradas (6 euros) pasando pola nosa sede ou chamando ao 981577037.

 

Categorías: Sarela
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.