Isaías no centro de día de Agadea nunha das sesións de boccia.

Nova experiencia de voluntariado co apoio da app Mefacilyta

24/11/2017

Sarela e Agadea somos dúas asociacións amigas que traballamos no ámbito do dano cerebral e do Alzheimer respectivamente. Desde hai unhas semanas estamos a colaborar para que Isaías, un dos nosos socios con DCA, dinamice un grupo para xogar ao boccia no centro de día de Agadea. El vai como voluntario e para iso axúdase da aplicación Mefacilyta para o teléfono.

Isaías participa nos dous proxectos transformación dixital Vodafone (Facilytaelmovimiento e Les Facilyta) da comunidade #conecta2Xaccesibilidad impulsada pola fundación Vodafone España. Temos falado noutras ocasións destes proxectos que pilotamos para toda España e que buscan promover a práctica deportiva e o voluntariado apoiándose na app MeFacilyta. O apoio tecnolóxico permítelle organizar a actividade en aspectos como lembrar o horario e lugar, supervisar o material necesario, guiar o xogo etc. 

Podes ler máis información sobre estes proxectos nesta mesma web nas seguintes novas:

http://www.sarela.org/noticias/proxecto-les-facilyta

http://www.sarela.org/noticias/asi-empregamos-a-app-mefacilyta-para-favorecer-a-actividade-fisica

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información