• slide interiores

Noticias

Novas charlas informativas para familias con nenos/as

Novas charlas informativas para familias con nenos/as

Momento da charla sobre recursos e prestacións sociais organizada en febreiro

Un dos programas básicos para Sarela é o de información, orientación e apoio a familias. Nel desenvolvemos accións diferentes que buscan achegar solucións e respostas a unha situación nova á que se enfrontan as familias e da que descoñecemos practicamente todo.

 

Precisamente desde hai uns meses comezamos a programar charlar formativas especificamente para familias con nenos/as con dano cerebral adquirido. A primeira que organizamos foi sobre recursos e prestacións sociais e seguimos cunha sobre aspectos de logopedia. Nas vindeiras semanas os temas que trataremos son os seguintes:

 

O venres 2 de xuño, de 16:00 a 17:30 h., afrontaremos o proceso de inclusión de nenos/as con necesidades especiais na escola partindo dunha experiencia real. Nesta charla Ana Ruiz, terapeuta ocupacional e coordinadora do SAE (Servizo de Atención Especializada) de Sarela falará das diferentes vías de coordinación cos centros educativos e Paula Vázquez contará a súa experiencia tras o inicio da etapa escolar dos seus fillos.

 

O venres 30 de xuño, de 16:00 a 17:30 h., celebramos a charla Como falar da diversidade. Junquera Novo, psicóloga de Sarela, falará sobre o mellor xeito de comunicar as diferenzas aos nosos fillos e fillas así como a outras persoas do noso círculo persoal.

 

O venres 28 de xullo, de 16:00 a 17:30 h. (horario pendente de confirmación), falaremos sobre as diferentes técnicas de intervención e cal escoller. Emily Santalla e Ana Ruiz, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional de Sarela respectivamente, explicarán a variedade de técnicas e métodos de intervención existentes (Bobath, Voljta, Lokomat, Montessori, Therasuit etc) para comprender o papel que teñen como parte dun tratamento máis amplo.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.