José Balboa, presidente de Sarela, e Eugenia Veloso, traballadora social da asociación, recolleron o diploma da man de Juan Sánchez, responsable do centro de saúde.  Foto:  Miguel Souto  (La Voz de Galicia)

O centro de saúde da Estrada recoñece o labor de Sarela na información e prevención do DCA

24/05/2017

O presidente da asociación, José Balboa, recolleu o diploma outorgado por este centro como recoñecemento ás boas prácticas desenvolvidas en relación á información e prevención do dano cerebral adquirido. O encargado de entregar o diploma foi Juan Sánchez Castro, xefe de servizo do centro.

O presidente da asociación, José Balboa, recolleu o diploma outorgado por este centro como recoñecemento ás boas prácticas desenvolvidas en relación á información e prevención do dano cerebral adquirido. O encargado de entregar o diploma foi  Juan Sánchez Castro, xefe de servizo do centro.

 

José Balboa agradeceu, en nome da base social de Sarela, este recoñecemento “sobre todo  cando chega dun recurso público que ten demostrada a súa calidade asistencial a nivel estatal. É moi importante para nós porque exemplifica o traballo de proximidade que queremos facer para informar sobre o dano cerebral e apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias”.

 

Sarela desenvolve desde a súa fundación o programa de información, orientación e apoio a familias que nos últimos meses intensificou co obxectivo de acadar a coordinación con profesionais de centros hospitalarios; centros de atención primaria de saúde e servizos sociais de organismos públicos da área sanitaria de Santiago ao consideralos a “porta de entrada” para a maioría das persoas.

 

O presidente de Sarela dixo que “con este programa buscamos que as familias, cando se enfrontan ao DCA, teñan toda a información e recursos terapéuticos ao seu alcance”. Para iso profesionais de Sarela realizan visitas de coordinación nas que dan a coñecer a problemática vinculada ao DCA; informan sobre os programas e servizos da entidade e obteñen información sobre recursos locais que podan resultar de interese.

 

O obxectivo último é optimizar os recursos e compartir información para que as persoas con DCA e as súas familias teñan acceso aos mellores servizos e información.

 

No programa de información, orientación e apoio ás familias Sarela realiza accións como por exemplo a información especializada que dan as súas profesionais no centro; o punto de información no hospital clínico; o aloxamento temporal que ten para familias cerca do Hospital Clínico de Santiago, e as redes de apoio para familias.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información