• slide interiores

Noticias

O grupo de teatro de Sarela estrea a súa nova representación o venres 7 de xullo

O grupo de teatro de Sarela estrea a súa nova representación o venres 7 de xullo

Cartel da representación deste ano.

O grupo de teatro de Sarela volve o venres 7 de xullo ás 19:30 h. ao Auditorio de Galicia para a estrea da súa última creación. Primeiro foi “Sarela Televisión”, despois “Sarela en camiño”, seguiulle “En Sarela non hai quen viva” e “Sarela e a Fábrica de chocolate”  e este ano estreamos “Amar en tempos de Sarela”.

 

 Polo escenario da Sala Mozart pasarán máis de 50 persoas entre familias, persoas voluntarias, profesionais e sobre todo polo elenco principal de actores e actrices que está formado por persoas con dano cerebral adquirido. E outro ano máis contaremos coa colaboración do actor Rubén Riós como condutor da gala.

 

“Amar en temos de Sarela” discorre nas festas da Ascensión aló polo ano 1982 e conta os devires de Susana, Clara, Claudio, José e outros personaxes nunha obra que, coma outros anos, ten moito enredo.

 

Quen o desexe xa pode reservar as entradas (6 euros) pasando pola nosa sede ou chamando ao 981577037.

 

 

Categorías: Sarela
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.