O obradoiro de manualidades ensaia novas técnicas

21/09/2015

Ocupa unha tarde á semana no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica.

Fieltro, papel ou coiro son algúns dos materiais empregados no obradoiro de manualidades de Sarela para elaborar diferentes produtos artesanais: broches, chaveiros, bandexas forradas... Nas últimas sesións incorporaron tamén a tea, coa que elaboran tarxetas de felicitación empregando a técnica do collage.
 
O obradoiro de manualidades é unha actividade semanal na que se elaboran produtos artesanais. Estes produtos úsanse para decorar o centro, para o atrezzo da obra de teatro, para vender na tenda online e na Xornada de Sensibilización na Comunidade e para sorprender ás persoas socias, pois é costume da asociación felicitarlles o aniversario cun agasallo feito a man.
 
Ademais da tea para as felicitacións, as persoas usuarias de Sarela están tamén probando a traballar coa madeira, lixando caixas e un banco que máis adiante van pintar.
 
Participar na actividade de manualidades fomenta a creatividade e tamén habilidades físicas como a coordinanción, a psicomotricidade fina ou a destreza. Outro beneficio do obradoiro, que é unha constante nas actividades do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica, é que serve para aprender a traballar en equipo, de maneira cooperativa, xa que cada produto elabórase nunha cadea na que cada persoa fai unha pequena parte do labor común.
 
    Lixando Lixando un banco Traballo en cadea Cola Tixeiras Tea

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información