Obradoiro de coidados e recursos para as persoas con dano cerebral

11/05/2016

Martes, 14 de xuño 2016 de 16:30 a 20:30 horas no Centro de Sarela (Rúa Pedro Cabezas, 3. Santiago de Compostela)

Sarela organiza en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, este obradoiro destinado a familias e coidadores de persoas con dano cerebral co obxectivo de aprender a movelas axeitadamente así como as posturas máis recomendadas para elas. Neste curso tamén actualizaremos coñecementos xerais sobre o seu coidado e informaremos dos recursos socio-sanitarios dispoñibles.

 

Data e lugar de celebración:

Martes, 14 de xuño 2016 de 16:30 a 20:30 horas no Centro de Sarela (Rúa Pedro Cabezas, 3. Santiago de Compostela).

 

Inscrición. Este curso e gratuíto e podes inscribirte nel de dous xeitos:

  • A través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns neste enlace.

  • Entregando o formulario de inscrición no Servizo Galego de Saúde - Xerencia (S.X. de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial - Edificio Administrativo San Lázaro - 15781 Santiago de Compostela - A Coruña). Podes descargar aquí o formulario.

 

Programa:

16:30 – 18:30

  • Hixiene persoal, mobilización e exercicio físico.

  • Prevención de úlceras por presión. Coidado da pel. Cambios posturais.

  • Alimentación, nutrición, eliminación e coidados respiratorios.

  • Administración de medicamentos.

  • Prevención de accidentes.

 

18:30 – 20:30

  • Recursos socio-sanitarios no sistema público e privado.

  • Recursos específicos en dano cerebral.

 

Profesorado:

  • Eugenia Veloso. Traballadora social da Asociacion Sarela.
  • Dolores Otero. Enfermeira da EOXI de Santiago.
  • Begoña García Campelo. Programadora docente.

 

Para máis información no teléfono 981.577.037 ou no correo electrónico sarela@sarela.org

 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información