'Pasiño a pasiño faise o camiño' de defensa das persoas con DCA

27/04/2017

FEGADACE fai dez anos en 2017. A voz común de ADACECO (A Coruña), ADACE Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Compostela) acada a súa primeira década de vida avanzando "pasiño a pasiño" cara o benestar de todas as familias e persoas con dano cerebral adquirido.

FEGADACE fai dez anos en 2017. A voz común de ADACECO (A Coruña), ADACE Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Compostela) acada a súa primeira década de vida avanzando "pasiño a pasiño" cara o benestar de todas as familias e persoas con dano cerebral adquirido.

 

A Federación quere facer da conmemoración unha festa. Por iso dedidiu darlle a volta ao seu tradicional Foro de Familias para convertelo nunha Xuntanza de Persoas e Familias con Dano Cerebral Adquirido: unha celebración, unha actividade de convivencia e, sobre todo, unha xornada para a diversión e para a participación.

 

Pero a Xuntanza non vai ser o único momento no que se celebren os dez anos de FEGADACE. Ao longo de 2017 haberá máis novidades e outras actividades nas que se dará conta desta década de traballo polas persoas con DCA.

 

'Pasiño a pasiño faise o camiño' é o lema do décimo aniversario, porque FEGADACE avanza amodo, evitando o estrés e a velocidade, que son factores de risco do dano cerebral (o estrés como axente relacionado co ictus e a velocidade como orixe dos accidentes de tráfico), estudando cada chanzo e consolidando todos os avances antes de formular novos retos.

 

A Federación Galega de Dano Cerebral vai aproveitar este ano para reflexionar sobre a súa traxectoria e para continuar estudando as necesidades que xorden desde cada localidade, desde cada asociación, cun obxectivo único: mellorar a calidade de vida das persoas e familias con DCA.

Categorías: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información