Proceso de elección da Xunta Directiva de Sarela

31/01/2017

En marzo finaliza o mandato da actual Xunta Directiva de Sarela e para dar cumprimento aos estatutos da entidade ábrese o proceso electoral para a súa elección. A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria está previsto que se celebre o día 2 de marzo.

En marzo finaliza o mandato da actual Xunta Directiva de Sarela e para dar cumprimento aos estatutos da entidade ábrese o proceso electoral para a súa elección. A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria está previsto que se celebre o día 2 de marzo e, previamente, o calendario para a presentación de candidaturas é o que segue:

 

  • O 13 de febreiro deberán ter entrada na sede de Sarela as candidaturas aspirantes, compostas polas persoas que aspiran á Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesourería e Vogalías en mínimo de tres e un máximo de cinco.

 

  • A candidatura presentada deberá ter paridade de xénero na súa composición.

 

  • O 14 de febreiro, o Secretario comunicará á persoa que encabece cada candidatura a súa inclusión na relación de candidatos coa condición de elixible.

 

  • O 16 de febreiro realizarase a convocatoria oficial de Asemblea Xeral Extraordinaria, con notificación expresa a todos/as as persoas asociadas das candidaturas que se presenta á elección.

 

No documento adxunto podes descargar a información remitida ás persoas socias de Sarela.

 

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información