En marcha os dous proxectos de voluntariado con apoio tecnolóxico

30/05/2017

Harry e Jesús, usuarios do Servizo de atención diúrna ocupacional (SADOC), xa están facendo labores de voluntariado grazas ao proxecto Les facilyta. Cunha aplicación informática que descargan no seu teléfono ou tableta fan actividades que antes non podían debido aos seus problemas de memoria.

Harry e Jesús, usuarios do Servizo de atención diúrna ocupacional (SADOC), xa están facendo labores de voluntariado grazas ao proxecto Les facilyta. Cunha aplicación informática que descargan no seu teléfono ou tableta fan actividades que antes non podían debido aos seus problemas de memoria.

 

Como xa informamos anteriormente, Sarela está a participar como entidade responsable de dous proxectos da comunidade #conecta2Xaccesibilidad impulsada pola Fundación Vodafone España. En ambos proxectos empregamos a app Mefacilyta como ferramenta para que persoas con dano cerebral adquirido melloren a súa autonomía e, polo tanto, a súa vida en comunidade.

 

Un é o proxecto Facilyta el movimiento co que buscamos fomentar a práctica da actividade física grazas a dotar de códigos QR instalacións deportivos ás que asistentes as persoas usuarias. O segundo proxecto, e do que falaremos detidamente a continuación con dous exemplos, é Les facilyta co que persoas con DCA comparten o seu tempo e habilidades en programas de voluntariado.

 

Jesús e Harry son usuarios do noso Servizo de atención diúrna ocupacional (SADOC), no que buscan mellorar a súa autonomía persoal para a vida diaria. Eles dous  xa se benefician do proxecto Les facilyta e da personalización da aplicación MeFacilyta, que descargan no seu teléfono ou tableta. Con ela fan actividades que antes non podían debido aos seus problemas de memoria.

 

Un dos desexos de Jesús era o de poder colaborar coa residencia José Otero-Carmela Martínez en Santiago axudando ás persoas maiores no seu tempo de lecer. Debido aos seus problemas de memoria, Jesús precisa axuda para determinadas rutinas. A app Mefacilyta márcalle tarefas a realizar como asinar nos rexistro de entrada e saída, os horarios, as tarefas a realizar, tomar notas do traballo realizado etc. Neste esquema amosamos como é o proceso que segue no momento que chega á residencia para facer o voluntariado:

 

Proceso de Les Facilyta

 

Pola súa banda, Harry grazas a este proxecto comezou a colaborar co Albergue de peregrinos Milladoiro no concello de Ames, onde el reside. A aplicación Mefacilyta sírvelle de apoio, como no caso anterior, para facer as tarefas que ten encomendadas (entregar as toallas, revisar as instalacións etc).

 

 

A comunidade #Conecta2Xaccesibilidad 

 

Os proxectos Les facilyta e Me facilyta el moviento forman parte da comunidade #conecta2Xaccesibilidad, iniciativa fomentada pola Fundación Vodafone España. Estes proxectos súmanse a outros catorce que buscan facer a vida máis fácil a persoas con discapacidade grazas ao uso das novas tecnoloxías. Sarela participa nesta comunidade como entidade integrada en FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral), que conxuntamente con Plena Inclusión, Down España, Confederación Aspace, Fundación Juan Ciudad e Vall d’Hebrón Research Insitute  participan como motores da iniciativa.

 

O proxecto Les facilyta desenvolvémolo conxuntamente con outras dúas entidades: TRACE (Asociació Catalana de Traumàtics Cranioencefàlics i Dany Cerebral) e ADACE CLM (Asociación de Daño Cerebral Sobrevenido de Castilla la Mancha).

 

 

Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información