• servizos sarela 795x180

Noticias

Publicado o arquivo completo do boletín Facendo Camiño

Publicado o arquivo completo do boletín Facendo Camiño
Sarela conta, desde o ano 2007, cun boletín informativo no que publica as novidades da asociación e do dano cerebral adquirido, ademais de entrevistas a profesionais relacionados con esta capacidade, artigos de opinión, fotografías e outros documentos.
 
Ata o momento lévanse publicado 15 números deste boletín, Facendo Camiño, que agora se poñen a disposición das persoas interesadas en formato dixital (pdf) nun apartado propio da web de Sarela. Grazas ao traballo dunha voluntaria da entidade, Sarela conta con todos os boletíns escaneados e accesíbeis ao público.
 
Este apartado conta ademais coa versión online do boletín, que se estreou acompañando o último número, editado en xullo deste 2014. Desde este ano o boletín publícase por duplicado nos dous formatos. A subscrición ao boletín online pode formalizarse pinchando aquí.
 
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.