Mesa informativa no CHUS coincidindo co Día do DCA e co Día mundial do ictus

A resposta rápida a un ictus estenderase a toda Galicia

12/04/2016

O "Plan galego de atención ao ictus" incluirá o "Código ictus", o protocolo que busca a resposta sanitaria inmediata en caso de sufrilo.

O goberno galego anunciou a finais de marzo novidades na atención ao ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido, dentro do Acordo de xestión 2016 do Sergas. A principal é a posta en marcha do “Plan galego de atención ao ictus” e que incluirá a implantación do programa coñecido como “Código Ictus” despois do éxito onde xa funciona: O Salnés e O Barbanza, sendo Santiago o centro de referencia.

 

O Código Ictus é un protocolo de actuación polo que se identifica rapidamente un caso de ictus, se planifica o traslado e se pon en marcha todo o proceso dentro do hospital de diagnose e atención médica para o momento en que chegue a persoa afectada. Este plan de telemedicina permitirá que calquera persoa con sospeita de ictus que se atope nun hospital comarcal sexa atendida on-line por un especialista de neuroloxía das Unidades de Referencia de Ictus para valorar con maior precisión o seu diagnóstico.

 

Síntomas

Lembremos que o ictus é a principal causa de falecemento e de incapacidade en Galicia e de padecelo é vital acurtar os tempos de resposta. Se detectamos algún dos seus sinais ou síntomas (os principais son parálise de parte da cara, debilidade nun brazo ou dificultade para falar coherentemente) hai que chamar inmediatamente a emerxencias (061). 

 

 

Categorías: Ictus

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información